viernes. 29.03.2024

O Partido Popular de Pontevedra lamenta a falta de respecto amosada este fin de semana polo alcalde que, nunha entrevista, referiuse a Jacobo Moreira asegurando que “está mal da cabeza”. Para esta formación, o respecto institucional cara aos outros partidos políticos debe establecerse coma bandeira de presentación, polo que non se pode consentir que un alcalde, que nestes intres representa a Pontevedra e a os pontevedreses, empregue o insulto como resposta cando lle formulen preguntas dende un medio de comunicación.

 

Actuar deste xeito evidencia unha vez máis o nerviosismo de Lores ante uns comicios municipais que poden supoñer a súa xubilación política. De feito, esta non é a primeira ocasión na que o alcalde demostra intranquilidade, posto que xa no mes de novembro, noutra entrevista, Lores reprobou con insultos similares as accións que está a levar a cabo a oposición.

 

Os cidadáns xa teñen demostrado que non comparten esta forma de facer política, empregando o insulto fácil como resposta ante as dificultades, tal e como acostuma a actuar Lores, ou incluso Beiras. Os cálculos electorais que manexan os nacionalistas poderían estar detrás desta actitude, ao non augurar uns resultados satisfactorios para o BNG nos vindeiros comicios municipais.

 

Un alcalde debe ser ante todo respectuoso e tolerante, actitude que Lores está lonxe de cumprir. “Pontevedra esixe cambio, cambio na actitude do rexedor que debería centrarse máis en ofrecer iniciativas para a nosa cidade que en mostrarse apático e nervioso ante as circunstancias”, advirte Jacobo Moreira.

 

O PP de Pontevedra di que Lores volveu insultar a Jacobo Moreira