martes. 23.04.2024

Os socialistas da provincia de Pontevedra impulsan unha campaña de mocións en todos os concellos e na Deputación solicitando aos gobernos de Nuñez Feijoo e Mariano Rajoy que adopten as medidas necesarias para garantir os novos tratamentos contra a hepatite C.


Esta moción esixe ao goberno central e á Xunta que garanta o tratamento para os preto de 30.000 persoas afectadas no noso país. A moción foi impulsada pola plataforma de afectados pola enfermidade á quen, dende o Partido Socialista tense apoiado dende o primeiro momento na súa reclamación.


O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia Santos Héctor sinalou que “é de xustiza que estes doentes podan obter a súa medicación a tempo e non se poden poñer escusas polo custe das mesmas”.


De feito o voceiro dos socialistas na provincia recorda como a anterior ministra de Sanidade e, o propio presidente do goberno, veñen enganando a estes doentes dende o pasado mes de setembro decindo que o novo medicamento xa estaba sendo distribuido cando non era verdade.


Santos Héctor pon de manifesto a necesidade de que os concellos da nosa provincia se posicionen en apoio de estos doentes “sobre todo, cando onte mesmo un doente veciño de Cangas morreu aos 53 anos sen recibir o novo tratamento que podería haber evitado o triste desenlace”, conclúe o secretario xeral dos socialistas da provincia.

Os socialistas da provincia impulsan mocións nos concellos pedindo os novos...