viernes. 29.03.2024

O Candidato popular á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira recibiu esta tarde a Jesús Baquero, Vicepresidente da Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Maderas de Galicia, colectivo que na actualidade integra a un total de 95 empresas na nosa provincia. O Candidato popular continúa así a súa rolda de contactos cos sectores implicados na xeración de emprego co fin de compartir posturas e elaborar un programa completo de accións que permitan unha loita intensa e firme contra o desemprego.

 

Este encontro, que tivo lugar este venres na sede local, súmase aos mantidos con AJE – Pontevedra (Asociación de Jóvenes Empresarios), AEMPE, a Asociación de Autónomos (APE - Galicia), a Plataforma Proindustria ou con representantes empresariais da nosa cidade cos que compartiu valoracións e impresións sobre o principal problema de Pontevedra: o paro. Jacobo Moreira xa avanzou onte, durante o acto de presentación da súa Candidatura, que a prioridade do seu proxecto será a loita contra o desemprego.

Jacobo Moreira recibe a outro colectivo empresarial preocupado polo desemprego