sábado. 20.04.2024

“Pontevedra necesita xerar emprego. É a miña obsesión. O Concello ten que deixar de mirar cara outro lado e implicarse decididamente na creación de emprego na nosa cidade”, sinalou este luns Jacobo Moreira. Para poder levar a cabo este cometido, Jacobo Moreira visitou xunto á Delegada do Estado, Teresa Pedrosa, a sede que o Consorcio da Zona Franca ten en Bouzas (Vigo), e xuntos desprazáronse tamén ata o parque empresarial de Porto do Molle, en Nigrán, onde o Consorcio está a promover un gran parque empresarial de arredor dun millón de metros cadrados con áreas industriais, comerciais, tecnolóxica, centro de negocios e equipamentos sociais e deportivos. “Pontevedra atópase nunha situación privilexiada para crear solo industrial e atraer empresas punteiras. Temos tres portos (Vigo, Marín e Vilagarcía) nun radio de 30 quilómetros e dous aeroportos (Santiago e Vigo) a menos dunha hora de distancia.

 

Somos porta de entrada para o mercado Europeo e estamos no epicentro da Eurorrexión Galicia - Norte Portugal”, apunta Jacobo Moreira. Para o Candidato popular, “é incomprensible que o goberno de Pontevedra non se envorque na creación de emprego. As cidades hoxe compiten por atraer inversións industriais e Pontevedra non está nin se lle espera” Da man da Delegada do Estado para o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, Jacobo Moreira visitou as instalacións do Parque Empresarial do Porto do Molle, en Nigrán. O último parque empresarial promovido por este ente está atraendo o maior número de empresas do noso entorno. Un parque empresarial de última xeración, dotado coas mellores infraestruturas que está cativando a empresas de todos os ámbitos.

 

Este parque empresarial contaba cunha soa empresa no ano 2012 e foi capaz, en medio de esta gran crise, de incrementar ata as 70 e xerar 634 postos de traballo en pouco máis de dous anos. As últimas empresas en adquirir tres parcelas neste parque empresarial están adicadas ao sector do Auxiliar do Naval, “creo sinceramente que Pontevedra se se tivese preparado cun novo Plan Xeral e unhas dotacións punteiras sería a localización idónea para estas empresas”, sinalou Jacobo Moreira. “Pontevedra necesita modernizarse. Debemos darlle a volta á situación e pasar a adoitar unha política activa de captación de recursos e inversións.

 

A experiencia de este Parque Empresarial que comercializou as súas parcelas nas mellores feiras empresariais, e acompaña en todo o proceso ás empresas para a súa implantación inmediata, márcanos o camiño que Pontevedra debe seguir para deixar de ser a cidade con máis paro de Galicia” sentenciou o Candidato a Alcaldía de Pontevedra.

 

Jacobo Moreira envorcarase na captación de empresas para a nosa cidade