jueves. 18.04.2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, realizou hoxe unha recepción cos ciclistas pontevedreses Alex Marque e Oscar González Brea, de A Estrada, Delio Fernández, de Moaña, e Gustavo César Veloso, de Vilagarcía, ós que calificou "referentes do ciclismo galego e español".

 

Louzán, despois de felicitalos polos éxitos acadados por eles, destacou o recoñecemento público que merecen pola súa traxectoria deportiva e social e dixo que, perante o paso da Volta a España polas súas respectivas localidades terán diversos tipos de recoñecementos por parte do pelotón e dos organizadores da Volta, para valorar os seus esforzos e éxitos.

 

Os catro ciclistas recibiron un obsequio da Deputación, un reloxo. Oscar González Brea é o actual campión de España contrarreloxo sub-23; Alex Marque foi o gañador da Volta a Portugal e está á espera de ter un equipo para este ano; e Delio e Veloso contan cunha longa e frutífera traxectoria deportiva. No acto, agradeceron o apoio constante da Deputación e manifestaron a súa esperanza en que se forme un equipo galego.

 

Oscar González Brea considerou "incomprensible" que non fora convocado para o campionato do mundo de contrarreloxo sendo o actual campión de España sub 23 "pois esta era a miña última gran oportunidade", dixo.

Cuatro ciclistas pontevedreses serán homenajeados por el pelotón de la Vuelta a España