PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO

Os novos retos do audio, a produción musical e o futuro do cine visto polos polos seus protagonistas son os temas que se debaterán mañá no marco do "Ourense ICCWeek", o evento que reúne na provincia de Ourense en torno ao ámbito audiovisual a expertos, emprendedores, empresarios e público en xeral.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu hoxe xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, e outras autoridades e veciños de Cortegada ao acto de inauguración do Balneario de Cortegada, que incorpora o equipamento máis avanzado para o aproveitamento de augas termais e minerais con fins terapéuticos.

No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense tivo lugar hoxe a inauguración da exposición Carlos Casares e a fotografía, unha mostra que supón "a primeira exposición de fotos do universal creador literario galego e na que podemos admirar a súa creatividade coa imaxe", segundo explicou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto de presentación.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu hoxe a sesión do pleno do Consorcio contra incendios e salvamento da Limia, reunión na que tamén participou o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Luis Menor, e os alcaldes e representantes dos concellos que engloban o consorcio.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado por Maryam Luzárraga, socia e mamagement consulting goverment de PwC, presentou hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a "Carta de servizos" da Deputación de Ourense, a guía máis completa dun goberno provincial en España, que pon a disposición de cidadáns e concellos con inmediatez, transparencia e interacción toda a oferta de servizos públicos do ente provincial ourensán. 

Equiocio, el Salón gallego del caballo que se celebra en la ciudad naval desde 1997, llega este año a su mayoría de edad en la XVIII edición (del 2 al 5 de abril) con récord de participación y un total de 244 jinetes inscritos para una prueba de cuatro estrellas en el circuito internacional.

O programa de actividades da Ourense ICCWeek para mañá sábado, último día, inclúe o ICC Game Party, que se celebra no pavillón auxiliar do Pazo dos Deportes "Pazo Paz" da Deputación de Ourense.

O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe as bases reguladoras do Programa de cooperación "BenOurense infancia" segundo o cal destinará este ano 200.000 euros para puntos de atención á primeira infancia na provincia de Ourense. O plenario aprobou as bases para a concesión de subvencións para o dito programa, achegas que teñen como obxectivo o mantemento das instalacións denominadas Puntos de Atención á Infancia (PAI), establecementos de carácter diúrno e de titularidade municipal situados en concellos de menos de 5.000 habitantes, que teñen como finalidade prestar apoio aos pais, titores e gardadores dos nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos. 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o conselleiro de Cultural, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinaron hoxe no Colexio Público de Baños de Molgas un protocolo de colaboración para a programación de actuacións de conservación, mantemento e mellora nos centros públicos de Educación Infantil, Primaria e Especial da provincia de Ourense, segundo o cal investiranse 848.000 euros en colexios públicos de 35 concellos da provincia de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e os alcaldes de Bande e Muíños visitaron hoxe as obras de mellora da calidade das augas e recuperación ambiental da contorna do encoro das Conchas, nos concellos de Bande e Muíños. O importe total da actuación ascende a 802.372 estando previsto un prazo de execución de quince meses e sendo na actualidade o grao de execución do 50%.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates