PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO

Primeira edición en cómic da obra Dédalus en Compostela, de Vicente Risco

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte, día 9 de abril, a convocatoria da XIII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense para creadores menores de trinta (30) anos e que ten unha dotación económica de 7.000 euros.

A caravana percorrerá nove localidades con xogos, talleres e actividades, para dar a coñecer a provincia de Ourense entre os máis novos.

"A memoria e o seu silencio" é o título da exposición que recolle o traballo de Rut Martínez e que está marcado por "unha obra que nos invita a somerxernos na nosa propia melancolía con sutileza e beleza artística". Son pezas, en moitos casos, con formatos mínimos, de moi reducidas dimensións e nos que esa beleza ten que estar condensada, reflectida ás veces nun pequeno detalle.

Estudantes do IES Pazo da Mercé, das Neves (Pontevedra), realizaron hoxe unha visita didáctica ao Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, que dirixe Manuel Brañas, para coñecer a técnica de fabricación de instrumentos e ver os construídos a partir dos instrumentos esculpidos no Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense.

A Deputación de Ourense ven de ser convidada para presentar en Madrid as súas innovacións en materia de e-Administración e xestión electrónica, no "V Congreso Nacional de Innovación", que se celebrará os días 21 e 22 de abril.

Soledad Penalta é, hoxe en día, a "gran dama" da escultura galega contemporánea pero Ourense aínda non acollera unha exposición monográfica sobre o seu traballo. Será a partires desta tarde cando se abra ao público no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense a exposición "Esculturas do día a día" cando se fará realidade este anceio.

"Elízara, lugar onde non estiven" é o título da exposición coa que Xoan Guerreiro (Xove-Lugo, 1956) trae a Ourense por primeira vez a súa obra nunha exposición individual e que supón a representación máis novidosa da nova figuración galega.

Luciano Rivero Cuquejo presentou esta mañá a súa renuncia como deputado da Deputación de Ourense, logo de coñecer o informe emitido polo secretario xeral da Deputación de Ourense sobre a prohibición de contratación para as persoas xurídicas participadas polos deputados provinciais, en concreto, no que atinxe á sociedade Abrea Cuquejo, S.L., na que ten unha participación social do 16,66 %.

O secretario xeral da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro Gosende, ven de emitir un informe sobre a prohibición de contratación para as persoas xurídicas participadas polos deputados provinciais, en relación á sociedade mercantil Abrea Cuquejo, S.L., na que o deputado provincial Luciano Rivero Cuquejo ten unha participación social do 16,66 %, non sendo administrador de dita sociedade.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates