jueves. 28.03.2024

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, salientou "a importancia da Xustiza" na inauguración do novo edificio de Ourense que tivo lugar hoxe. Baltar afirmou que 18 millóns de euros nun momento de recesión económica "falan da aposta do goberno galego polas políticas de equilibrio territorial e da necesidade dun servizo público especial como é a Xustiza".

 

O presidente provincial subliñou que novamente "a cooperación entre administracións volve ser a protagonista en beneficio dos cidadáns" e precisou que o novo edificio xudicial "é a maior infraestrutura xudicial que o goberno galego fixo nos últimos seis anos". A nova infraestrutura xudicial supuxo un investimento de 18 millóns de euros e ten capacidade para 24 xulgados e 16 salas de vistas.

 

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que esta nova sede xudicial "é a mostra de que os galegos nos momentos máis aciagos da crise económica fomos quen de tentar non renunciar á mellora dos servizos públicos durante esta profunda crise económica". "Por iso, agora que comeza a amainar o temporal económico, podemos dicir que os servizos públicos quedaron preservados tanto no eido da sanidade, da educación pública, e da Administración xudicial, máis eficiente e áxil, e con máis infraestruturas".

Manuel Baltar salienta "a importancia da Xustiza", na inauguración do novo edificio...