viernes. 29.03.2024

"Os Bolechas" editan o primeiro libro baseado nunha provincia, Ourense, e presentan a xiran que realizarán por diferentes concellos

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, e polo responsable de Edicións Bolanda, Tomás Valín, presentou hoxe no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) o primeiro libro que estes personaxes infantís galegos editan baseado nunha provincia, Ourense, unha iniciativa que, segundo explicou Manuel Baltar no acto de presentación, "ten como obxectivo que o público infantil coñeza a riqueza natural, patrimonial e cultural que ofrece a provincia ourensá, a través da nosa lingua". 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, e polo responsable de Edicións Bolanda, Tomás Valín, presentou hoxe no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) o primeiro libro que estes personaxes infantís galegos editan baseado nunha provincia, Ourense, unha iniciativa que, segundo explicou Manuel Baltar no acto de presentación, "ten como obxectivo que o público infantil coñeza a riqueza natural, patrimonial e cultural que ofrece a provincia ourensá, a través da nosa lingua".

 

Esta é a primeira campaña provincial que realizan Os Bolechas e fanna en Ourense –dixo Baltar-, o cal agradecemos porque a Deputación de Ourense ten á infancia como unha das súas prioridades, e por elo estamos a traballar colaborando con servizos como os Puntos de Atención á Infancia (PAIs) da provincia, con obras de infraestruturas e mesmo consolidando e potenciando actividades cuxos protagonistas son os máis pequenos", iniciativas entre as que citou a Pazolandia, o maior parque de atracción estacionario que se organiza en Galicia, e que se instala cada Nadal no Pazo dos Deportes "Paco Paz", da Deputación de Ourense. O presidente do goberno provincial dixo que do libro que hoxe se presentou Os Bolechas van a Ourense, "editáronse 17.000 unidades, en cuxa portada aparecen Os Bolechas viaxando nun bus que ten como matrícula OU-7273, que son os quilómetros cadrados que ten a provincia de Ourense", e anunciou que no vindeiro mes de abril "Os Bolechas realizarán unha xira que levará aos populares irmáns creados por Pepe Carreiro por diferentes localidades da provincia no seu espectacular autobús de dous pisos".

 

Precisamente o autobús e os propios Bolechas participaron este domingo na presentación da iniciativa, que tivo lugar no mosteiro de San Pedro de Rocas, "o conxunto patrimonial máis visitado da Ribeira Sacra, que cada ano recibe a máis de 40.000 turistas", comentou Manuel Baltar, mentres que o alcalde de Esgos lles deu a benvida aos participantes no acto e animounos a coñecer "todos os atractivos que ofrece esta fermosa contorna zona". Tomás Valín, pola súa banda, falou do éxito nacional e internacional que están a acadar Os Bolechas, "que naceron hai 15 anos e que xa están a preparar a súa próxima aventura que estará relacionada co termalismo da provincia de Ourense". O conto presentado hoxe, Os Bolechas van a Ourense, narra as aventuras dos irmáns no aniversario da súa curmá, Ying, que celebran en Manzaneda. Cando están todos na mesa para soprar as candeas, Ying recorda que ten moitas amigas e amigos ourensáns e quere que estén na súa festa, así que marcha a buscalos nun microbús co que percorre toda a provincia recollendo os amigos, que a agasallan con produtos típicos das súas zonas.

 

A festa de aniversario de Ying vai ser suculenta. A edición do libro complétase cunha xira que levará Os Bolechas corpóreos e o seu autobús de dous pisos pola provincia ourensá. Nas comarcas, as nenas e nenos que se acheguen á caravana Bolechas levarán gratis o conto Os Bolechas van a Ourense e poderán gozar de multitude de propostas totalmente gratuítas, desde obradoiros de debuxo ata ludoteca con xogos para divertirse e aprender cos Bolechas, así como material para manualidades, libros e ordenadores onde acceder a xogos e actividades. Tamén estará dispoñible o karaoke e a sala de cine do autobús, dotada con todo o necesario para ver Os Bolechas. Ademais do conto e das actividades, todos os que se acheguen ao autobús entrarán no sorteo de libros e material dos Bolechas. E por suposto, poderán saudar os seus personaxes favoritos que estarán en todas as paradas da caravana. Os seis irmáns, xunto con Chispa no seu novo camión de bombeiros, percorrerán a provincia ourensá contándolles aos máis cativos o moito que gozan das marabillas que esta ofrece esta fermosa terra.

 

"Os Bolechas" editan o primeiro libro baseado nunha provincia, Ourense, e presentan a...