sábado. 20.04.2024

Declaración da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense quere expresar con motivo da conmemoración o vindeiro 8 de marzo de 2015 do Día Internacional da Muller Traballadora a reivindicación compartida por toda a sociedade de seguir impulsando iniciativas e proxectos que permitan afondar na igualdade, para que a presenza da muller continúe a ser unha prioridade en todos os ámbitos e un potencial fundamental para o desenvolvemento social, económico e político. 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense quere expresar con motivo da conmemoración o vindeiro 8 de marzo de 2015 do Día Internacional da Muller Traballadora a reivindicación compartida por toda a sociedade de seguir impulsando iniciativas e proxectos que permitan afondar na igualdade, para que a presenza da muller continúe a ser unha prioridade en todos os ámbitos e un potencial fundamental para o desenvolvemento social, económico e político. No ano 2015 a conmemoración deste aniversario ten una relevancia significativa ao cumprirse 130 anos do pasamento de Rosalía de Castro, unha muller que loitou coa arma máis poderosa, a palabra, a prol da defensa da muller e de Galicia.

 

O seu pensamento feminista, a defensa da nosa lingua e a súa obra están hoxe máis vixentes que nunca nun momento no que os valores sociais e éticos, o sacrificio e as dificultades económicas son prioridades presentes en todos os cidadáns. As reivindicacións do 8 de marzo deben estenderse a todos os días do ano pois é necesario seguir afondando en políticas que melloren o nivel laboral das mulleres e que reduzan as elevadas taxas de paro que padecen, condicións que se acentúan coa crise e que repercuten negativamente na conciliación da súa vida familiar e profesional. Por elo, en momentos así, é moi importante valorar o impulso que nos últimos anos ten dado a nosa sociedade en defensa dos dereitos das mulleres, que abren camiño cara á verdadeira igualdade grazas ao esforzo colectivo de todos.

 

A capacidade de sacrificio, o emprendemento, a defensa da dignidade e da liberdade individual e a loita contra a violencia de xénero son algúns dos sinais de identidade das mulleres, que día a día constrúen o edificio da igualdade, un proxecto no que todos na nosa provincia de Ourense temos a obriga e o deber de involucrarnos, porque unha cidadanía comprometida coa igualdade é sinónimo dunha sociedade responsable, madura, cívica e solidaria. Para que ese percorrido cara á igualdade poda resultar eficaz é necesario impulsar entre todos, administracións e cidadáns, medidas que contribúan a facer cada día unha sociedade mais xusta para que a igualdade de oportunidades sexa unha prioridade na convivencia cívica dos pobos.

 

Declaración da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense con motivo do Día...