jueves. 28.03.2024

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte, día 9 de abril, a convocatoria da XIII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense para creadores menores de trinta (30) anos e que ten unha dotación económica de 7.000 euros.

 

A convocatoria permite presentar traballos ate o día 31 de maio en temática libre e admitindo as modalidades de pintura, escultura, gravado, video, arte dixital, instalacións e calquera outro tipo de expresión artística. As bases establecen un primeiro premio de 3.000 €, un segundo de 2.000 €, un terceiro de 1.000 € e dous accésits de 500 € para cada un deles.

 

Ademais dos premios económicos, este certame realizará unha exposición no mes de setembro e a edición dunha publicación na que se incluirá unha selección dos mellores traballos presentados. Esta iniciativa foi unha das primeiras que puxo en marcha a Deputación coa apertura do seu Centro Cultural "Marcos Valcárcel".

 

Os traballos presentados serán avaliados a primeiros de xuño por un xurado exclusivamente profesional, integrado por directores de museos, críticos de arte, comisarios de exposicións, artistas e representantes de facultades de Belas Artes. Bases completas: https://bop.depourense.es/portal/cambioBoletin.do

Convocada a XIII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense