PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO


Valga | Pontevedra

A sementeira volve a poñer en marcha o proceso de cultivo do trigo en Valga

Miércoles, 25 Abril 2018 14:17
Valora este artículo
(0 votos)
A sementeira volve a poñer en marcha o proceso de cultivo do trigo en Valga Fotos: Concello de Valga
por

A sementeira do trigo reuniu hoxe no lugar de Ferreirós, na parroquia de Cordeiro, a distintas xeracións de veciños de Valga que participaron nunha mañá de moito traballo para os maiores e de aprendizaxe para os pequenos.

 

Esta actividade de recuperación das tradicións agrarias e de conservación do patrimonio cultural local enmárcase dentro do X Encontro Interxeracional, que continuará nos próximos meses coa sega, a malla e, por último, a festa do trigo. Trátase dunha iniciativa que promove a convivencia entre veciños a través das lembranzas e da experiencia dos maiores e nela colaboran os colectivos A Eira, Axentiva, Asdivalu e a asociación de mulleres rurais Albor.

 

Máis dun cento de rapaces dos distintos centros educativos acudiron á cita co pasado: 60 alumnos das escolas unitarias, 44 de 5º de Primaria do CEIP Baño-Xanza, 20 de 1º de Primaria do CEP Xesús Ferro Couselo e tamén os usuarios do CODI.

 

Participaron, primeiro, nuns obradoiros lúdicos e formativos sobre o trigo e, despois, axudaron aos maiores a sementar este cereal como se facía antano, cando a maquinaría aínda non chegara ao sector agrario e había que botar man da unión entre veciños para axudarse os uns aos outros coas tarefas da terra. Daquela, a sementeira tiña lugar polos meses de outubro ou novembro.

 

Cun arado de pau abríanse as marxes, que despois se tapaban con angazos. Para rematar o proceso, cubríase o gran espallado con legoñas. Ademais de trigo, tamén se sementaban outros cereais como centeo ou avea e facíase en grandes leiras, xa que o produto, destinado á alimentación das familias, tiña que durar todo o ano. Así se fixo hoxe en Ferreirós, nunha mañá que rematou cunha merenda tradicional na que se degustaron chourizos, queixo, sardiñas e empanadas.

 

valga-sementeira-2
valga-sementeira-3
valga-sementeira-4
valga-sementeira-5

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

SCALA
https://www.hscala.com/
Grupo Hotel Scala

Inmobiliaria Ponteno
http://www.inmobiliariaponteno.es
Inmobiliaria

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates