viernes. 19.04.2024

O Auditorio Municipal acolleu esta tarde a homenaxe ás mulleres valguesas que foron pioneiras no mundo da automoción e sacaron o carné de conducir antes de 1975 ou nese mesmo ano. O mundo do automóbil estivo tradicionalmente reservado aos homes, relagando á muller a un segundo plano. Co agravante de que antano se unha muller quería sacar o carné de conducir tiña que presentar autorización paterna ou marital para poder obtelo.

 

As homenaxeadas, que recibiron un diploma e un ramo de flores, foron: - Amalia Bermúdez Freiría - Amalia Milagros Souto Meniño - Amparo Freiría Ferro - Carmen Rey Duro - Celia Villaverde Vilaseco - Custodia A. Becerra Campaña - Ermitas Precedo Barros - Erundina Jamardo Portas - Esther Barreiro Miguéns - Esther Rey Magariños - Esther Pazos Castaño - Eudosia Casal Senín - Lourdes Santiago Gregoria - Lucía Blanco Bermúdez - María Torres Lorenzo - María de los Ángeles Otero Barreiro - María del Carmen Pérez Iglesias - María del Pilar Buceta Portas - María Dolores Tobío Barreiro - María Elena Cerneira Santiago - María Mondragón Tanoira - María Otero Tanoira - Marisa Fernández Maquieira - Matilde Rey Duro - Matilde Rodríguez Touceda - Nieves Campaña López - Nieves Santos Campaña - Ramona Touceda Porrúa - Valentina Ferro Castaño

 

Todas elas abriron camiño a mulleres de xeracións posteriores. Unhas sacaron o carné por necesidade, para poden atender mellor ás súas familias, outras por motivos laborais, para desprazarse ao traballo ou conseguir un emprego, e outras para dipoñer de maior liberdade e non depender de ningúen. Nalgúns casos tiveron que soportar palabras de desprezo ou malos modos e miradas polo feito de ser mulleres e ir ao volante dun vehículo, pero nada diso as arredou e seguiron adiante con decisión.

 

No transcurso do acto, a concelleira de Igualdade Begoña Piñeiro, reafirmou o compromiso do Concello de Valga coa igualdade e de aí este acto de “recoñecemento ao traballo das mulleres que, tanto de forma individual como a través das entidades e colectivos sociais, seguen a dar pasos adiante para acabar coas diferentes formas de discriminación que impiden ás mulleres o pleno exercicio dos seus dereitos”. “A incorporación das mulleres ao mercado laboral, a permanencia no emprego e as súas condicións de traballo aínda están lonxe de producirse en plena igualdade. Pedimos que se remate coa discriminación laboral e a fenda salarial. Pedimos as mesmas oportunidades para desenvolvernos profesionalmente. Pedimos que se recoñeza e se poña en valor o traballo doméstico e, sobre todo, que non nos maltraten”, dixo a concelleira.

O concello de Valga homenaxea a vinte e nove valguesas que sacaron o carné de conducir...