PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO



O concello de Valga saca a concurso a explotación da Cafetería do Auditorio por un período máximo de catro anos

Miércoles, 22 Mayo 2019 18:18
Valora este artículo
(0 votos)
por

O Concello de Valga iniciou esta semana o procedemento para contratar a explotación da cafetería do Auditorio Municipal por un período de dous anos, que poderán ser prorrogados por unha ou máis anualidades sen que o total poida superar os catro anos. Segundo se establece no prego de cláusulas administrativas, o servizo prestarase a risco e ventura do concesionario, retribuíndose cos ingresos que se deriven da explotación da cafetería.

 

O adxudicatario deberá aboar ao Concello un canon anual mínimo por importe de 100 euros máis o IVE, así como os demais impostos ou taxas que se deriven deste contrato. As ofertas económicas efectuaranse á alza partindo da citada cantidade de 100 euros e poden presentarse no rexistro do Concello ata o vindeiro 5 de xuño en horario de 8 a 15 horas.

 

Cada licitador non poderá presentar máis dunha oferta. A elección da oferta máis ventaxosa atenderá aos seguintes criterios: o maior canon ofertado, o proxecto de explotación (persoal, horarios e variedade de servizos prestados) e o o equipamento e mobiliario co que se dotará ao local, que conta cunha superficie de 150 metros cadrados.

 

O prego de prescripcións técnicas polas que se rexe o contrato indica que a cafetería non poderá pechar máis dun día á semana, que será fixado polo Concello en función das actividades e funcionamento do Auditorio. O horario de apertura ao público será entre as 7:00 e as 00:00, salvo que fóra deste horario exista algunha actividade autorizada polo Concello. Neste caso poderá ampliarse a apertura ata o máximo establecido pola lexislación vixente.

 

Ademais da atención do servizo de cafetería, o adxudicatario deberá cumprir unha serie de esixencias, entre elas o mantemento, conservación e limpeza do Auditorio Municipal; a limpeza diaria da cafetería, así como do hall interior e exterior e as beirarrúas exteriores da entrada; e o equipamento dos aseos con xabón, papel hixiénico etc. Será tamén o concesionario o que teña que contratar ao persoal que precise, debendo estar todos os traballadores en posesión do carné de manipulador de alimentos.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates