PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao novo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, con que analizou as necesidades da provincia de Ourense referidas ás competencias desta consellería e repasou os proxectos actualmente en execución, así como o estado de tramitación no que se atopa o expediente para a declaración da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao produtor, compositor e cantautor, Alejandro Abad, e aos directivos do Colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense, os cales lle presentaron ao presidente do goberno provincial o proxecto solidario internacional en favor das vítimas do ébola, no que participa o coro infantil deste colexio ourensán.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense quere expresar con motivo da conmemoración o vindeiro 8 de marzo de 2015 do Día Internacional da Muller Traballadora a reivindicación compartida por toda a sociedade de seguir impulsando iniciativas e proxectos que permitan afondar na igualdade, para que a presenza da muller continúe a ser unha prioridade en todos os ámbitos e un potencial fundamental para o desenvolvemento social, económico e político. 

No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense tivo lugar esta mañá a presentación dos actos conmemorativos da Semana Santa 2015 que se celebrarán na vila do Carballiño entre o 14 de marzo e o 5 de abril. Na presentación participaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e o confrade maior da Vera Cruz, Rafael Melero. 

No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense tivo lugar esta mañá a presentación dos actos conmemorativos da Semana Santa 2015 que se celebrarán na vila do Carballiño entre o 14 de marzo e o 5 de abril. Na presentación participaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e o confrade maior da Vera Cruz, Rafael Melero. 

O presidente da Deputación de Ourense e do Inorde, Manuel Baltar, dixo hoxe no marco do Salón Xantar 2015, nun acto dedicado ao cooperativismo e ás confrarías gastronómicas, que "o cooperativismo e os produtos autóctonos reforzan a identidade e a calidade dun territorio como a provincia de Ourense, onde o sector agroalimentario é estratéxico para a nosa economía." 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, visitou hoxe as obras de mellora que se están a realizar no río Limia ao seu paso por Xinzo de Limia.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, e polo responsable de Edicións Bolanda, Tomás Valín, presentou hoxe no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) o primeiro libro que estes personaxes infantís galegos editan baseado nunha provincia, Ourense, unha iniciativa que, segundo explicou Manuel Baltar no acto de presentación, "ten como obxectivo que o público infantil coñeza a riqueza natural, patrimonial e cultural que ofrece a provincia ourensá, a través da nosa lingua". 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e a xerente do Real Aeroclube de Santiago, Maria Luisa Barandiarán, asinaron un convenio de colaboración para a impartición en Ourense dun curso avanzado de piloto de drons. A Deputación de Ourense, seguindo a súa liña de innovación, convértese na primeira deputación de España en asinar un convenio que permita a formación de pilotos destas aeronaves teledirixidas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe nos "Almorzos On/Off" que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, un encontro que tivo lugar na Aula de Prensa do Centro municipal "José Ángel Valente" e no que os xornalistas preguntaron ao presidente do goberno provincial sobre temas de actualidade institucional, política e social de Ourense e Galicia.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates