PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO


Tivo un custo de 235.000 euros e foi un compromiso do propio Louzán para o Parque do Porriño con motivo da adxudicación do Consorcio Provincial

Louzán entrega un novo camión autobomba de extinción de incendios para o Parque de Bombeiros do Porriño

Viernes, 04 Julio 2014 14:22
Valora este artículo
(0 votos)
por

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entregou onte, no Parque de Bombeiros do Porriño, un camión de extinción-autobomba, totalmente equipado, para o servizo do Parque e dos cidadáns dos dez concellos que atende: As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, O Rosal, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.

O novo camión de extinción de incendios, cun custo de 235.000 euros, foi un compromiso adquirido polo propio Louzán para o Parque do Porriño con motivo da adxudicación da xestión do Consorcio Provincial de Bombeiros á empresa Matinsa.

Pero as melloras neste parque, situado no polígono das Gándaras, non remataron aí senón que abarcaron outras de tipo técnico, social e de medios humanos que o mesmo Louzán comprobou hoxe na súa visita ás instalacións. En concreto, foron melloras relativas á automatización da apertura de portas e da propia parcela; ás dotacións do ximnasio, salón de actos e dormitorios; ó equipo de refrixeración; ós garaxes; e á dotación de medios, na que se inclúe o novo camión de extinción-autobomba que se entregou hoxe.

O persoal de bombeiros do Parque do Porriño obtivo tamén, con motivo da súa incorporación ó Consorcio Provincial, melloras de tipo social, entre as que destacan pólizas de responsabilidade civil, seguros de accidente, que van desde os 120.000 euros en caso de morte ós 60.000 euros por incapacidade, así como melloras relativas ó vestiario, equipos de excarceración, entre outras.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Sibuscascasa.net
http://www.sibuscascasa.net
Para vender, comprar o alquilar, somos tu inmobiliaria

Karting Racing Dakart Sanxenxo
https://www.racingdakart.com/
¡Ven a conocerlo!

A.M.A
http://www.amaseguros.com/
Agrupación Mutual Aseguradora

Pérez Rumbao
http://www.perezrumbao.es/
Concesionario

INTERSPORT
http://www.intersport.es
Tienda de deportes

Lago Alimentación
https://lago-aves.com/
Productos cárnicos

MC Bikes
https://www.facebook.com/pg/mcbikesnoia
Bicicletas, accesorios, mecánica...

Conservas Pescamar
https://pescamar.es
Fábrica de conservas de pescados y mariscos.

Supermercados Froiz
http://www.froiz.com
Amplio surtido en marcas y productos

Rótulos Pontevedra
http://www.rotulospontevedra.com/
Diseño gráfico, rótulos, cartelería...

MeGustaGalicia
http://www.megustagalicia.com
Información turística sobre Galicia

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates