PONTEVEDRA  |  A CORUÑA  |  LUGO  |  OURENSE  |  SANTIAGO  |  VIGO

 Actualidad   CORONAVIRUS
  XACOBEO 2021   ALCOA    PARO   HIPOTECAS   AYUDAS   PENSIONES

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe no acto de inauguración da 15º edición da Feira internacional de turismo termal, saúde e benestar "Termatalia" 2015 que estes días "Ourense é a capital termal do mundo e ten a Termatalia como escaparate", destacando que este certame, o máis importante no seu sector, "é un evento perfectamente consolidade e unha mostra do excelente traballo que se realiza en Expourense".

 O Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" da Deputación de Ourense oferta aos centros educativos públicos da provincia o XI Obradoiro de Xogos Populares correspondente ao curso 2015-2016. Tras o éxito acadado en edicións anteriores, atendendo as enquisas e as valoracións dos centros participantes, un ano máis volven os xogos populares cos obxectivos de fomentar aspectos da nosa cultura e etnografía entre os máis cativos e promocionar a lingua galega, introducindo xogos característicos dentro do centro de ensino.

A novena edición do Festival "Arteficial", que terá lugar en Ribadavia o vindeiro sábado, 5 de setembro, presentouse hoxe na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, acto no que estivo presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Cultura da Deputación, César Fernández; o presidente da asociación Arteficial, Manuel Araújo, e Claudio Vázquez, membro da asociación.

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe en Madrid ao remate da reunión que mantivo coa ministra de Fomento, Ana Pastor, e con representantes do ministerio que a nosa provincia "Terá unha integración do AVE sostible, moderna e respectuosa co medio ambiente", e agradeceu a Ana Pastor "que cumpra un novo compromiso con Ourense ao botar a andar un grupo de traballo onde a cooperación entre administracións fará posible que a provincia de Ourense teña unha alta velocidade moderna e digna".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, reuniuse hoxe en Madrid co director xeral de Patrimonio de ADIF, Jorge Segrelles, e coa directora xeral de Recursos Humanos da entidade, Alicia Portas, para analizar o Programa "Estacións", "un proxecto que o Ministerio de Fomento valora moi positivamente, tendo en conta o impacto turístico e dinamizador que tivo no rural ourensán a recuperación de antigas estacións de ferrocarril", afirmou o presidente do goberno provincial.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Manuel Baltar, ven de ser convidado polo "South Summit" 2015, o evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo, para presentar as innovacións no ámbito da xestión na administración pública que está a supoñer o seu modelo de xestión á fronte da Deputación de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na asemblea de "Partenalia", a organización política de gobernos locais intermedios de Europa, que celebra hoxe no Pazo Provincial da Deputación de Castellón a súa primeira xornada, coa presenza de representantes de gobernos provinciais e administracións locais intermedias de España, Francia Bélxica, Italia, Reino Unido e Croacia.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou a concesión de axudas a concellos para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2015 por un valor total de 99.932 euros e axudas a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2015, por un importe total de 70.000 euros.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu esta mañá na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, a membros do Círculo Poético Ourensán, quen, xunto con poetas de distintos países, visitaron o ente provincial con motivo do "VI Encontro Internacional de Poesía". Durante o encontro, Rosendo Fernández, explicoulles o funcionamento da Deputación de Ourense e agradeceulles o interese por coñecer a sede do goberno provincial.

A Deputación de Ourense forma parte desde hoxe do Consello Político de "Partenalia", a organización política de gobernos locais intermedios de Europa. Na segunda xornada do cumio que se celebra en Castellón o plenario aprobou por unanimidade a incorporación de Manuel Baltar no órgano de xestión e a do presidente do County Council de Staffordshire (Reino Unido), Philip Atkins.

NG Anuncios Destacados


  1. ANUNCIOS DESTACADOS
  2. + PUBLICAR ANUNCIO VISIBLE EN TODO EL PERIÓDICO
Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

Entrada no válida

JPG | PNG | GIF (MAX. 200X200px | 150Kb)


Entrada no válida


Entrada no válida

0,00 EUR


All CMS Templates